Adicionar aos Favoritos
Aumentar o Texto Diminuir Texto
Empresa
Palavra do Presidente
Código de Ética
Missão
Visão
Valores
Responsabilidade
Social
Responsabilidade Fiscal
Vídeos / Áudios
Painel de Fotos
Noticias
Histórias
 
Producto dunha cultura propia e reflexo do ambiente cultural e social que foi conformando ó longo da historia unha identidade singular, o himno galego aparece como o símbolo acústico máis solemne e trascendental de Galicia como comunidade política.
E estreado en 1907 na Habana, froito, como a bandeira e o escudo, da emigración. En 1908 faráse oficial. Na súa elaboración conxúganse as partituras de Pascual Veiga e o poema Os pinos de Eduardo Pondal. O motivo central é moi sinxelo: que Galicia esperte do seu sono e emprenda o camiño cara a liberdade.
O nome de Galicia non figura en ningunha parte do poema, como é habitual en Pondal, sendo substituído por Fogar de Breogán. Pídeselle que esperte do seu sono, que non esqueza as inxurias e que escoite a voz dos rumorosos piñeiros, que viría sendo o pobo galego.
Dende 1907 ata 1923 o himno galego foi cantado por rexionalistas e agraristas nos seus actos e pouco a pouco foi sendo aceptado por moitos máis. Os centralistas asumiríano, finalmente, na campaña electoral de 1977. Durante a época anterior á República prohibíronse tódolos símbolos rexionais. Daquela, as sociedades galegas de América intensificaron a súa interese pola expresión pública do himno. Coa II República o amor por el intensificouse como expresión dunha Rexión dentro do Estado Integral que se constituiu.
Mentres durou o período franquista, ata a etapa deaperturismo, só se cantaba, como moito, en actos culturais e como unha canción máis dentro do folklore galego. Dende 1960 comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos ideolóxicos.
En 1975, mentres tiñan lugar uns actos folklóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a erguerse cando o himno se cantou. O ano seguinte instaurouse este costume de xeito definitivo na Praza da Quintana, ratificado tamén polas autoridades asistentes.
Ademais do celtismo e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal, foi a súa capacidade para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar-las súas aspiracións fundamentais, o que posibilitou o seu éxito.

home | empresa | fale conosco Todos os direitos reservados GMG International 2007